As cores da Vida

As cores da Vida
Moitas veces escoitamos e incluso nos mesmos pronunciamos as palabras de “oxala puideramos vivir varias vidas”, e si fora posible? Faríalo?
Normalmente conformámosnos con rematar o instituto, facer unha carreira, un ciclo ou unha profesión e poñernos a traballar si pode ser o mais cerca posible da casa, dos nosos amigos, do noso bar, en fin da nosa xente, e iso esta moi ben, sempre e bo contar ca axuda de quen nos quere, pero e posible vivir varias vidas de este xeito?

Toscana
Toscana

Moitas veces escoitamos tamén o comentario, “ non deixa de cambiar de traballo, non aguanta nada en ningún traballo” iso e malo ou e bo? Evidentemente pode ser por varios motivos, pero neste momento imos falar desde o punto de vista que todo e voluntario, sin ningún motivo de causas maiores.

Alpes
Alpes
Nalgún lugar da Toscana
Nalgún lugar da Toscana

Eu persoalmente si que penso que podemos vivir varias e moitas vidas, todas as que queiramos, podemos ser moitos personaxes, podemos interpretar todos os “EU” que queiramos. Acaso iso solo o poden facer nas películas? A min gustaríame ter un bar de tapas na toscana italiana, ou ser camareiro durante os meses de verán nalgunha illa , ou ser dependente de roupa nalgunha tenda de Londres, ou porque non ser mozo de almacén en algunha fabrica de salchichas en Frankfurt?

Madeira - Portugal
Madeira – Portugal

Todo iso que sona a, buahh “pois vaia traballos mais cutres” bueno cada un que se adique o que mais considere oportuno, pero o importante e que podemos vivir varias vidas e que podemos elixir o tempo que lle queremos adicar a cada unha de elas, ser profesor de esquí nos Alpes, profesor de surf en Portugal,hai miles de profesións escolle a túa e non lle des mais voltas si e o que eres facer.

Londres
Londres
Portobello- Londres
Portobello- Londres

Date conta dunha cousa en cada unha de esas vidas atoparas distintas e variadas persoas, xente que che aportara cousas boas e outras non tan boas, e poderás ser diferentes “EU”. Agora que se acerca o verán, son unas boas datas para que te lances a aventura e buscar algún “EU” en algunha cidade costeira do mediterráneo por poñer un exemplo na que poidas desempeñar a túa profesión ou outra diferente.

Frankfurt
Frankfurt

Miles de cores hai na vida, por exemplo están as cores que aprendemos no colexio o una casa pero a veces as cores que aprendemos no colexio ou na casa ou no noso pequeno universo, non nos chegan e queremos aprender mais cores ou mesmo inventarnos cores, a vida e multicor, escolle a cor que necesites neste momento e vaite a buscala acabaras sendo millóns de “EU” e vivindo millóns de vidas.