A incrible marabilla da natureza

A incrible marabilla da natureza.
Vendo imaxes coma as deste vídeo non podo entender como hai xente que prenda lume os montes, como hai xente que contamine as augas con vertidos, como hai xente que mata animais, como hai xente que explota territorios virxenes, como hai xente que tala milleiros de arbores sin control, como hai xente que por afán económico, sempre afán económico pode aproveitarse de algo que nos pertence a todos, os humanos, os animais, a natureza fai posible a vida neste mundo e nos insistimos en desfacerlle a vida a ela, cremos que a tecnoloxía pode substituír a riqueza natural, pagaremos todo isto dunha forma brutal.
Hai un proverbio indio que di «A terra non é unha herencia dos nosos pais, se non un préstamo dos nosos fillos»

«>

As cousas grandes sempre veñen precedidas das pequenas.

Pouco a pouco van saíndo cousas, a contagotas pero van saíndo, cousas pequenas que poden dar lugar a cousas grandes.

Hai uns días saía na TVG «Escola de Humor» é un programa de tres episodios onde se dan unha serie de sketches de humor onde participo, que se gravou hai un ano, en setembro exactamente o xoves 19 estrease «A casa da Conexa» na TVG un programa de humor que transcorre no pobo de Nucha e Mucha en Ardebullo e que teño o pracer de colaborar (ainda non sei en que episodio)  nun de esos divertidos sketches é algunha cousa mais que vai saíndo así que a tirar para diante que isto so acaba de empezar.